REGULAMENTO

REGULAMENTO "IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN"


1.- A Asociación cultural, medio ambiental e deportiva O Esquío no Piñeiro (de aquí en diante O ESQUIO BTT) en colaboración coa PISCINA CUBERTA MUNICIPAL do Concello de Brión, organizan a IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN, que contemplará varias actividades que terán lugar o sábado 12 e o domingo 13 de setembro de 2015. Para esta edición, contaremos con varias probas: o sábado teremos a  I CRONOESCALADA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA - TORRES DE ALTAMIRA de 5-6 km aproximadamente e de dificultade técnica e física media e o domingo teremos o  I DUATLÓN CROSS RIO TAMBRE consistente en 25 KM BTT + 6 KM RUNNING e a IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN de 45 km aproximados con dificutlade técnida e física media. Todas as probas serán non federadas.

2.- Poderán participar todos aqueles deportistas maiores de idade (ou menores de idade con autorización paterna) que acepten e cumpran as condicións regulamentarias e que se inscriban no xeito e prazos precisos.

3.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dente o día 1 de Xullo ata o 4 de Setembro de 2015 ás 23:59 horas, ou unha vez inscritos un total de CRONOESCALADA: 150 participantes | DUATLÓN CROSS: 150 participantes | RUTA BTT: 300 participantes. Para facer efectiva a inscrición será necesario acceder a web: http://rutabttdotambre.blogspot.com.es eseguir os pasos que alí se detallan. O prezo por partcipante e de CRONOESCALADA: 8€* | DUATLÓN CROSS: 12€* | RUTA BTT: 12€*. Non se aceptarán pagos en man nin o mesmo día da proba, tampouco se admitiran inscricións, baixo ningún concepto, fora dos prazos marcados.
*No caso de que un ciclista queira participar en duas probas [CRONOESCALADA + DUATLÓN CROSS ou CRONOESCALADA + RUTA BTT] o prezo conxunto será de 15€.

4.- A inscrición dá dereito a participación na proba e inclue: dorsais, agasallos conmemorativo da proba*, comida de confraternización**, control de tempos por chip, seguro de resonsabilidade civil e de accidentes, servizo de ambulancia, servizo de recollida en caso de accidente, lavado de bicicletas, aparcamentos de balde, vestiarios e duchas, piscina municipal e saua, e os seguintes avituallamentos nas probas: CRONOESCALADA: Un avituallamento (líquido na liña de meta) | DUATLÓN CROSS: dous avituallamentos (solido/líquido aproximadamente na metade da ruta e líquido na liña de meta) | RUTA: tres avituallamentos (liquido no km 15 aprox., solido/liquido no km 25 aprox. e líquido na liña de meta).
* AGASALLOS: Os ciclistas que participen en duas probas só se lle entregará un lote de regalos.
** COMIDA: A comida de confraternización realizarase o domingo día 13 unha vez finalicen as probas. Para poder asistir a ela é necesario entregar o vale que vai incluido na bolsa do corredor. Os ciclistas que participen en duas probas terán dereito a un só vale de comida.

5.- A concentración e entrega de dorsais realizarase da seguinte maneira:
- CRONOESCALADA: Sábado 12 de setembro na Carballeira de Santa Minia, de 17:00 a 17:45 horas.  A saída da cronoescalada farase de xeito indiviudal cada 30s da Carballeira de Santa Minia a partir das 18:00 hrs. A orde de saida, que se fará publica o día antes da proba, será por orde alfabético dos apelidos dos participantes.

 - DUATLÓN CROSS | RUTA BTT: Domingo 13 de setembro no Pavillón Polideportivo de Brión a partir das 8:00 horas. A saída das probas do domingo darase ás:  DUALTÓN CROSS - 9:00 horas e RUTA - 09:30 hrs. na rúa da Piscina Cuberta Municipal de Brión, xusto en fronte a porta desta.

A recollida de dorsais farase de xeito individual, presentando documento que acredite a identidade do participante.

6.- O emprego do casco é obrigatorio, non levar posto este elemento de protección suporá a inmediata retirada do proba.

7.- O percorrido da probas transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Brión, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación. Aínda así, a organización contará coa colaboración da Policía Municipal de Brión e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Brión, para "controlar" o tráfico nos tramos "potencialmente mais perigosos".

8.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento. Non acatar esta norma suporá a inmediata expulsión da proba.

9.- O club O ESQUIO BTT contará con servizo de ambulancia para calquera incidente que se poida producir durante a realización da proba. A organización non se fará responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da proba. Entendese que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.

10.- Cada participante será autosuficiente e responsable do seu material e das avarías que poida ter ao longo do percorrido. A organización non disporá de servizo de reparacións. En caso de que o participante sufra unha avaría que imposibilite a finalización da proba, este deberá chamar ao teléfono situado no dorsal para a súa recollida.

11.- O ESQUIO BTT entregará trofeos a distintos participantes tal e como se detallan no apartado INFORMACIÓN desta mesma web.

12.- A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

13.- Ao final da marcha realizarase un sorteo de agasallos doados por distintas casas comerciais, entre todos os participantes que rematen a proba.

14.- O feito de inscribirse na proba suporá a TOTAL aceptación das bases que conforman este regulamento e non caberá dereito de reclamación as BASES aquí publicadas.