miércoles, 29 de julio de 2015

UN ANO MAÍS TRABALLANDO TAMÉN POLO MEDIO AMBIENTE



Onte tocounos sacar a pasear as desbrozadoras polo traxecto da BTT RIO TAMBRE - BRIÓN, xa case temos todos os camiños listos para que poidades disfrutar novamente dos maravillosos sendeiros que ofrece Brión, así como das suas estupendas vistas.

Como cada ano, intentamos non so manter os camiños que coñecemos limpos de maleza senon que procuramos recuperar algún deses sendeiros que se usaban fai anos (cando os veciños ainda se movian a pé polas aldeas) e que por diversos motivos se deixaron abandonados ao longo de moito tempo. Logo dun arduo e tedioso traballo, temos listo un novo camiño inédito, eso sí que só poderán disfrutar aqueles participantes que se decidan polo DUATLÓN CROSS.

Esperamos e desexamos que disfrutedes tanto participando na ruta como nos organizandoa.



viernes, 19 de junio de 2015

A IV EDICIÓN DA RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN COMEZA A ANDAR



A IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN xa quenta motores, e xa temos datas, celebrarase os días 12 e 13 de Setembro de 2015. Dous dias? Pois si, dous días.

Un ano mais a asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO de Brión en colaboración coa PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE BRIÓN serán os encargados de organizar unha ruta que ano a ano se consolida como unha das mellores do panorama BTT galego. Este 2015 ven cargado de novidades, cambios, melloras, ilusións... sempre coa idea de que os participantes poidan disfrutar dos incribles paisaxes que nos ofrece o Concello de Brión.

En canto as novidades podemos destacar varias:

- O SÁBADO DÍA 12

    · Vaise celebrar a I CRONOESCALADA | CARBALLEIRA DE SANTA MINIA - TORRES DE ALTAMIRA
Esta novedosa proba e única na contorna desenrrolarase ao longo dun circuito de aproximadamente 5-6 km que partirá da emblemática Carballeira de Santa Minia, de forma individual e a través dunha estructura con rampa de contrarreloxo. Comezaremos cun circuito balizado pola mesma carballeira, con saltos, obstáculos naturais e artificiais, para logo encamiñarnos cara os camiños de monte, sempre en ascenso e algunhas veces con porcentaxes moi cercanos ao 20%, para subir a parte máis alta de Pedrouzos. Aproximadamente na metade do percorrido atoaparemos un pequeno descanso en forma de baixada por sendeiros ratoneros e estreitos para logo comezar o último ascenso que nos levará ao monumento máis destacado do Concello de Brión, as famosas Torres de Altamira, sitio no que rematará esta loita contra o crono. O descenso ata a Carballeira, xa fora de competición, farase por carretera (3 km aprox.) e estará totalmente sinalizado. Entregaremos TROFEOS AOS 3 PRIMEIROS HOMES E 3 PRIMEIRAS MULLERES.

- O DOMINGO DÍA 13

    · Comezaremos cedo ás 9:00 hrs. dando saida ao I DUATLÓN CROSS | RIO TAMBRE.
Con saída das inmediacións da Piscina Cuberta Municipal terá unhas distancias de 25km en BTT e 6 km correndo para finalizar a proba no mesmo sitio, os boxes para deixar o material e realizar a transición tamén se situarán aquí. O circuito BTT compartirá parte dos camiños cos da RUTA BTT, comezamos ascendendo cara os montes de Rañalonga, para volver a baixar ata a aldea de Gronzo e volver a encamiñar un falso chan que os levará aos pes do noso ben querido Monte Rubial ao que ascenderemos ata o punto máis alto. Logo desta ascensión, a parte dura xa está pasada e comezamos unha baixada vertixinosa e moi rápida que nos levará denovo a Piscina Cuberta Municipal onde deixaremos as bicis, calzaremos as zapatillas e comezaremos o circuito a pé que combinará anacos de asfato con pistas de monte ao longo do Monte do Castro en Adoufe. Haberá TROFEOS AOS 3 PRIMEIROS HOMES E 3 PRIMEIRAS MULLERES.

    · Media hora despois ás 9:30 hrs. dará saía a IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN.
Esta proba, xa clasica, contará con unha soa distancia de 45 km. Cunha dificutade técnica media/física media terá como primeria parte as ribeiras do Río Tambre ao seu paso por Ons, onde pasaremos pola xa tradicional ponte sobre a Fervenza do Pozo Negro para logo desviarnos cara a falda do Monte Rubial onde faremos o ascenso duro do día coronando os seus 465m de altura e a partir do cal comezaremos unha longa baixada que nos levará ao punto de inicio. Teremos premios para os TRES PRIMEIROS HOMES E TRES PRIMEIRAS MULLERES en rematar a ruta.

Como é costume, con cada inscrición agasallaremos con unha CAMISETA TÉCNICA TRANSPIRABLE, e alguna que outra sorpresa máis. Ademais ao finalizar A XORNADA DO DOMINGO teremos unha comida de confraternización no pavillón Municipal de Brión e todos aqueles participantes que o desexen poderán facer uso da PISCINA MUNCIPAL CUBERTA.