jueves, 5 de julio de 2012

XA QUE DA MENOS!!!

Vai quedando menos para a celebración da I RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN, estamos traballando no circuito, limpando camiños, buscando alternativas ao asfalto... A verdade e que cada vez que o recorremos estamos mais convencidos que vos gustará enormemente.

O prazo de inscrición para esta ruta estará aberto dende o 1 ao 31 de agosto e haberá un límite de 400 participantes. Esta proba, organizada polo Club O ESQUIO BTT de Brión, vai contar coa colaboración do Concello de Brión que nos cederá as instalacións do pavillón polideportivo municipal onde se entregarán os dorsais e onde disporemos de servizo de duchas e vestiarios.

A presidenta do Clube O ESQUIO BTT, Dora Vieiro, explicou que nesta primeira edición "optouse por unha proba esixente fisicamente pero apta para case todolos públicos xa que practicamente non presenta dificultade técnica", a esixencia da proba reside nos seus 42 km aproximados por camiños de monte. Vai contar ademais con duas grandes ascensións e unha zona de baixada técnica que non deixarán indiferente a ningún participante.

A proba presentase como unha ruta non federada e non competitiva, simplemente está pensada para participantes que queiran disfrutar da bicicleta rodeados de natureza en estado puro. Preveronse ademais duas zonas de avituallamentos, unha líquida e outra solida/líquida.

0 comentarios:

Publicar un comentario