viernes, 24 de agosto de 2012

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A RUTA

A poucos dias da celebración da I RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN, palpanse os nervios entre os organizadores. Estamos traballando como autenticos tolos para que o día 9 de setembro todo perfecto e tal e como temos pensado.

Como xa informamos dende fai tempo, a ruta vai ser NON FEDERADA E NON COMPETITIVA co único obxectivo de pasalo ben e de ensinarvos a grandiosidade de sendeiros, carballeiras, rios, etc.. que temos nos paraxes do Concello de Brión. Xa estades enterados que se realizará o vindeiro DOMINGO 9 DE SETEMBRO no pavillón municipal do Concello de Brión, a entrega de dorsais será a partir das 8:45 hrs. e a saída da proba será ás 09:30.

Tamén debemos informar que imos realizar durante a mesma unha RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS, podedes traer calquera tivo de alimento non perecedeiro e colaboarar coas familias necesitadas do Concello.

OFRECEMOS

- Dous avituallamentos durante a ruta: un líquido e outro sólido/líquido.
- Seguro de accidentes
- Seguro de responsabilidad civil
- Regalo conmemorativo da proba: Unha camiseta técnica 100% transpirable, creada polo prestixioso deseñador de Sargadelos "XOSÉ VIZOSO", para tódolos participantes na ruta.

- Vestiarios, duchas e ampla zona de apartamento gratuíta
- Servizo de lavado de bicicletas
- Unha vez finalizada a ruta poderemos disfrutar de "algo para pinchar" e uns "refrigerios" no pavillón polideportivo (que nadie pense que vai marchar comido, son só uns pinchos).

TROFEOS

A organización da proba vai entregar os seguintes trofeos creados polo artista local "NANO UNZUETA"- PARTICIPANTE MAIS XOVEN FEMENINA
- PARTICIPANTE MAIS VETERANA FEMENINA
- PARTICIPANTE MAIS XOVEN MASCULINO
- PARTICIPANTE MAIS VETERANO MASCULINO
- CLUBE MAIS NUMEROSO
- CLUBE DE PROCEDENCIA MAIS LONXANA

SORTEO DE AGASALLOS

Durante a "comida" celebraremos un sorteo de numerosos agasallos donados polos distintos patrocinadores da proba, entre os que podemos salientar:

- RM BIKES: Diverso material ciclista.
- HOTEL CASA ROSALÍA: Unha noite de hotel para duas persoas con cea especial e almorzo.
- CESTIGALIA: A seguinte cesta gastronómica valorada en 60 €

- OLIVEIRA BIKE: Diverso mateiral ciclista.
- HOTEL BALNEARIO DE COMPOSTELA: Un bono para duas persoas con habitación doble, almorzo tipo buffet, acceso ao club termal do balneario e uun menú degustación en OS ÁNXELES restaurante. Valorado en 170€.
- O REY BICIS: Diverso material ciclista.
- MESON ASADOR ABELLEIRA: Unha comida ou cea para duas persoas.
- OPTICA ZAHERA: 4 gafas marca Spiuk.
- BICI TOTAL SANTIAGO: Vales de compra na súa tenda.
- THE ONE ESTÉTICA & COSMETICA: Vales de depilación e beleza.

ESPERAMOSVOS A TODOS O DÍA 9 EN BRIÓN

0 comentarios:

Publicar un comentario