lunes, 9 de septiembre de 2013

AGRADECEMENTOS!!!

Non temos palabras para describir a satisfacción que sentimos nestes momentos. Aínda parece que non espertamos do soño e non deixan de chovernos miles de mensaxes de felicitación pola ruta da que puidestes disfrutar no día onte.

A nosa máxima cando comezamos a deseñar a II RUTA BTT RIO TAMBRE era que saíra unha proba que non deixara indiferente a nadie e que gustara a todo o mundo. Polas palabras que estamos recibindo cremos que este punto superámolo con grande EXITO.

Seguramente cometemos miles de erros e tamén tivemos algún que outro problemiña… por exemplo o tema das "abellas asasinas"... asegúramosvos que a semana pasada pasamos mil e unha vez por ese sitio e nunca vimos nin o mais mínimo rastro delas... claro está que si nos deramos conta antes non pasariamos por este sitio. De todas maneiras cabe salientar a rápida e eficaz actuación da ambulancia e do persoal sanitario de AVANT SANTIAGO.

Tamén queremos e necesitamos dar as grazas a todos/as voluntarios/as que nos axudaron e fixeron posible que esta "locura" se realizara con éxito: a xente que estivo nos cruces, nos avituallamentos, con quads, con motos, todoterreo, recollendo xente que quedou avariada no monte, tractor para limpeza de camiños, persoal para limpeza de camiños, os chavales da empresa de cronometaxe, policia local de Brión, G.E.S. de Brión, Garda Civil...(e todos dos que seguramente nos olvidamos) 10.000.000 DE GRAZAS

Queremos dar unha especial mencion aos patrocinadores, sen eles non poderiamos afrontar o gasto que supón organizar un evento deste tipo. Agradecer tamén a Oliveira Bikes, Bicicletas o Rey, Bicitotal Santiago, Optica Zaera, Mesón Abelleira, Hotel Casa Rosalía e Hotel Balneario do Tremo que nos cederon unha morea de regalos para sortear entre os participantes, e ao Supermercado Froiz de Monte Balado que nos regalou parte da comida e bebida que se levou para os avituallamentos.
Outra mención indispensable é para o restaurante Tropic Burguer que nos serviu a comida tan saborosa que puidemos disfrutar logo de rematada a ruta  e nos regalou unhas 40 racións a maiores das contratadas. Queremos dicir tamén que toda a pasta e a froita que nos sobrou doámola a COCIÑA ECONÓMICA de Santiago.

E como non tamén queremos facer un AGRADECEMENTO ESPECIAL a todos/as e cada un de vos, os/as participantes polo voso comportamento exemplar, pola paciencia infinita que tivestes coa organización e por facer que nos quedaran innumerables ganas de botarnos ao monte para preparar a III RUTA BTT RIO TAMBRE – BRIÓN que se celebrará sen dúbida o vindeiro 7 de setembro de 2014.

As fotos e clasificacións definitivas colgaranse nos vincrios días na web da proba.

http://rutabttdotambre.blogspot.com.es/

ASOCIACIÓN CULTURAL O ESQUIO NO PIÑEIRO
oesquio@gmail.com
http://oesquio.blogspot.com.es/

0 comentarios:

Publicar un comentario