jueves, 17 de julio de 2014

II DÍA DA BICICLETA BRIÓN 2014


 SEGUNDA EDICIÓN DA GRAN FESTA DA BICICLETA EN BRIÓN!!

Ao igual que o ano pasado, a PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE BRIÓN en colaboración coa asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO, volven a organizar, o día 14 de setembro de 2014 o II DÍA DA BICICLETA. Esta actividade que se encadra dentro das actividades da III RUTA BTT RIO TAMBRE consistirá nunha RUTA MINI BTT encamiñada a reivindicar o uso das bicicletas como medio de transporte alternativo e está pensada para toda a familia, dende os mais pequenos ata os papás e mamás que os acompañen.

A RUTA MINI BTT contará cun percorrido de dificultade baixa que sairá as 11:00 h. da Piscina Cuberta Municipal. O circuito está pensado para que calquera poida rematalo sen problemas e estará controlado en todo momento polas forzas de seguridade e mais polos voluntarios, ainda así os nenos e nenas que queirán participar deberán ir acompañados obrigatoriamente sempre por un maior que os vixile.

Está previsto que a marcha dure uns 30/40 min. (segundo marque o nivel dos participantes) e despois haberá agasallos para todos os nenos e nenas participantes, avituallamento e lambonadas... En definitiva, un día de festa para toda a familia que non podes perderte.

Para mais informaicón e inscricións deberánse achegar a Piscina Cuberta Municipal de Brión ou a través do Tl. 981 88 73 46. O prezo "simbólico" para anotarse é de 1€.

INFORMACIÓN

- RUTA MINI BTT para todalas idade
- AGASALLOS, AVITUALLAMENTO, LAMBONADAS
- INSCRICIÓN: Piscina Cuberta Municipal de Brión (Tl. 981887346)
- PREZO: 1€
- DATA: 14/09/2014
- RECOLLIDA DE DORSAIS: 10:30 h.
- SAÍDA: 11:00 h.
- Haberá vestiarios e duchas na propia Piscina Cuberta Municipal. Así mesmo os participantes e acompañantes que o desexen poderán facer uso libre da Piscina Municipal Cuberta unha ver remate a ruta.


NON QUEDES NA CASA, PARTICIPA!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario