viernes, 7 de junio de 2013

DIA DA BICICLETA | BRIÓN 2013


A GRAN FESTA DA BICICLETA EN BRIÓN!!!

Como novidade neste 2013 e para que os mais pequenos da casa tamén poidan desfrutan do ambiente da II RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN, a empresa AQUAFIT XESTIÓN, S.L. (concesionaria da Piscina Cuberta Municipal de Brión) en colaboración coa Asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO, van ogranizar para o día 8 de setembro de 2013 o I DÍA DA BICICLETA DE BRIÓN. Ao igual que a II RUTA BTT RIO TAMBRE, esta proba será non competitiva e tamén terá un compoñente solidario: farase unha recollida de alimentos para familias necesitadas de Brión, polo que todolos participantes que o desexen poderán aportar o seu graiño de area a esta causa.

Esta iniciativa está encamiñada a reivindicar o uso das bicicletas como medio de transporte alternativo e está pensado para toda a familia, dende os mais pequenos ata os papas e mamas que os acompañen.

A RUTA MINI BTT contará cun percorrido de dificultade baixa que sairá as 11:00 h. da Piscina Cuberta Municpal. O circuito está pensado para que caquera poida rematalo sen problemas e estará controlado en todo momento polas forzas de seguridade e mais polos voluntarios, ainda así os nenos e nenas obrigatoriamente deberán ir acompañados sempre por un maior que os vixile.

Está previsto que a marcha non dure mais de 30/40 min. (segundo o nivel dos participantes) e despois haberá agasallos, avituallamento e lambonadas para todos os participantes. Un día de festa para toda a familia que non podes perderte.

Para mais información e inscricións deberánse achegar a Piscina Cuberta Municipal de Brión ou no Tl. 981 88 73 46. O prezo "simbolico" para anotarse é de 1€ por participante, e estará destinado ao programa "Apadriña unha árbore" que promove a asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO.

INFORMACIÓN DETALLADA:

- RUTA MINI BTT para todalas idades
- AGASALLOS, AVITUALLAMENTO, LAMBONADAS
- INSCRICIÓN: Piscina cuberta Municipal (Tl. 981 88 73 46)
- PREZO: 1€
- DATA: 08/09/2013
- RECOLLIDA DE DORSAIS: 10:30 h.
- SAIDA: 11:00 h.

NON QUEDES NA CASA, PARTICIPA!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario