viernes, 7 de junio de 2013

PRESENTACION II RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN


A II edición da RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN xa é unha realidade e celebrarase o vindeiro 8 de setembro de 2013. Un ano mais a Asociación Cultural, Medio ambiental e Deportiva O ESQUIO NO PIÑEIRO de Brión, vai organizar esta ruta en bicicleta de montaña, que este 2013 terá novidades salientables que farán que esta proba dea un importante salto de calidade e se consolide como unha das probas de referencia do panorama BTT galego.

O pasado no arredor de 400 participantes tomaban a saída, cifra que este ano se pretende superar. Como novidades cabe salientar a realización de dous circuítos, con dous niveis de esixencia,  a RUTA de uns 40 km e cunha dificultade física media e o MARATÓN de 70 km cunha dificultade física alta.

O CIRCUITO
Con respecto ao circuíto, o trazado deste ano vai contar con importantes variacións que farán a delicia dos participantes. Sendeiros mais pechados, camiños que se atopan intransitables e dúas importantes ascensións conforman unha proba que un ano mais destacará pola súa beleza paisaxística.
Aínda que os trazados finais non están totalmente listos, podemos avanzar que as distancias serán de 40 km aproximadamente para a RUTA e de 70 km para o MARATÓN. Indicar tamén que o MARATÓN será dunha esixencia física alta e pola contra a RUTA está pensada para que calquera amante da bicicleta cun minimo de preparación poida rematala.

HORARIOS E LUGAR
A concentración de participantes, así como a saída e a meta estarán situadas no pavillón polideportivo do Concello de Brión. A hora de recollida de dorsais será as 8:15 h. e a saída realizarase puntualmente as 9 h. Neste punto tamén estarán situados os vestiarios, o aparcamento e o lavado de bicicletas. Xusto ao lado, na piscina cuberta municipal, estarán situadas as duchas e tamén, por cortesía de Aquafit Xestión, calquera que queira poderá desfrutar da piscina cuberta para darse un baño despois da ruta.

OUTROS SERVIZOS
Outros servizos que se ofrecen coa inscrición na II RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN, que terá un custo de 10 €, son: os avituallamentos durante a ruta, seguro de responsabilidade civil e accidentes, servizo de ambulancia, servizo de recollida en caso de accidente ou avaría, lavado de bicicletas, regalo conmemorativo da proba, comida de confraternización e algunha sorpresa mais que aínda se está a ultimar...

TROFEOS
Aínda que esta non é unha proba competitiva, a organización ten previsto facer unha entrega de trofeos a modo de agradecemento que se fará da seguinte maneira: Muller mais moza, muller mais veterana, home mais mozo, home mais veterano e club mais numeroso, ademais teremos un pequeno detalle para tódalas mulleres que participen.

Por outra banda tamén cabe destacar que outra das novidades importantes desta segunda edición é que será CRONOMETRADA, aínda estamos en negociacións, pero todo apunta a que este ano o cronometraxe por chip será o que regule esta proba.

Pouco a pouco iranse descubrindo novidades das que iremos informando puntualmente. As inscricións realizaranse durante o mes de agosto na web da proba. ANIMATE E PARTICIPA NA II RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN

2 comentarios: